Miyako 宮古口/ミャークフツ Myākufutsu | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [mjaːkufutss̩] | |
Falado en: | Xapón | |
Rexións: | Illas Miyako | |
Total de falantes: | Descoñecido | |
Familia: | Illada Xapónico Ryukyuano Miyako | |
Escrita: | Escrita xaponesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | mvi
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua miyako (宮古口/ミャークフツ Myākufutsu/Myākufutsї ou 島口/スマフツ Sumafutsu/Sїmafutsї) é unha lingua ou continuo dialectal falado nas illas Miyako, no suroeste das Illas Ryukyu, no Xapón. A lingua miyako é unha lingua ryukyuana, estreitamente relacioanda co yaeyama. O número de falantes da lingua é descoñecido. Como consecuencia da política lingüística xaponesa, que considerada a lingua como o dialecto miyako (宮古方言 Miyako hōgen?), o cal se reflicte no sistema educativo, as persoas máis novas tenden a non usar a lingua agás en cancións ou rituais, e polo xeral as novas xeracións usan o xaponés como primeira lingua. O miyako salienta entre as linguas xapónicas en que permite consoantes non nasais nos finais de sílabas, algo que non se encontra na maioría das linguas xaponesas.